Actividades

logo_expomunicipal_c.png

Que encontraremos en ExpoMunicipal 2024?

Un gran escaparate coa innovación como protagonista

Os expositor presentes na feira mostrarán as súas últimas novidades na área expositiva, dando aos visitantes a oportunidade de coñecer de primeira man os produtos, sistemas e servizos máis punteiros do mercado

Un evento paralelo que Xa É un referente en enerXía

De forma simultánea terá lugar Enerxétika 2024, un consolidado certame que achegará atractivo á feira, con máis propostas e puntos de vista no ámbito da enerxía, actividades específicas do sector e unha interacción entre eventos que pode dar lugar a interesantes proxectos.

Congresos E encOntros

O certame será un excepcional espazo de converxencia e debate para os profesionais relacionados coa Administración Local, con foros de gran interese sobre o aforro enerxético, mobilidade urbana, smart cities, despoboamento no medio rural ou economía circular.

Xornadas E seminarios

Programaranse citas para a análise e a formación, centrándose en temas de máxima actualidade, como usos de drons en extinción e control de incendios ou vixilancia urbanística, Axenda 2030, política territorial, cumprimento de normativas ou políticas sociais aplicadas á xestión urbanística.

DemostraciÓNs E presentaciÓNs

As empresas realizarán interesantes actos e exhibicións nas que o público participiante poderá coñecer produtos en primicia, descubrir novas funcionalidades ou comprobar in situ o funcionamento de moitas das propostas presentes.